InicioCulturaLugo trae esta fin de semana historia, pintura e música

Lugo trae esta fin de semana historia, pintura e música

O Concello ofrece roteiros prehistóricos e históricos arredor do Miño e Camiño Primitivo – Haberá un certame de pintura e música en directo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda fin de semana de xullo ofrecerá en Lugo temperaturas agradables e diversas opcións culturais e deportivas. O departamento de Cultura que dirixe Carmen Basadre engadiu á ampla programación a retransmisión da ópera do Teatro Real no Vello Cárcere, este sábado ás 21.30 horas. Este evento completa un circuito de andainas que abrangue do venres ao domingo, un certame artístico, xogos tradicionais e música nocturna polos templos da cidade.

Cada un dos tres días da fin de semana ofrece unha andaina distinta. Este venres comeza o paseo polo Camiño Primitivo, con saída dende a Chanca ás 20.00 horas, pasando por Campo Castelo e A Tinería. Ten unha duración de dúas horas. Esta andaina ofrece a alternativa de tapear polos establecementos ao paso da excursión. O sábado, a partir das 10.00 horas, celebrarase a excursión de Pasos con Historia, tamén polo Camiño Primitivo, dende Soutomerille ata a Praza do Campo. O punto de partida é a parada de bus da rúa Anxo López Pérez.

O domingo a ruta versará sobre a prehistoria nas Ribeiras do Miño, cunha distancia de 10 quilómetros por Ventosiños, Castro da Magdalena de Coeses, a Capela das Virtudes, Castro de Penarrubia e Adai. A saída é ás 10.30 horas, tamén dende a parada de bus da rúa Anxo López Pérez.

No eido artístico, a programación comeza na noitiña do sábado. Dende as 21.00 horas celebrarase a I Noite Coral, un percorrido nocturno con concertos de voces corais nos templos de Lugo. Os escenarios serán a Capela de San Roque, a Igrexa de Santiago A Nova, a Igrexa de San Froilán, e a Igrexa de San Pedro, cunha actuación final na Praza de Santa María que rematará ás 23.30 horas. Participará o Gruppo Vocale S.Bernardo, de Italia, o Orfeón Lucense, o Grupo Vocal Soclo Voces, e a Coral do Hospital Xeral Calde. Para a actuación final sumarase a soprano Noemí Mazoy, o organista Guiulio Mercati, e o grupo de cámara da Banda Filarmónica de Lugo.

Asemade, e con motivo da Semana da Ópera, veciños e visitantes poderán ver no Vello Cárcere a retransmisión da obra Lucia di Lammermoor, de Gaetano Donizetti, realizada no Teatro Real. A visualización comezará o sábado ás 21.30 horas. A ópera Lucia Di Lammermoor baséase na truculenta novela histórica de Walter Scott, que Salbatore Camarano transformou en libreto. É un melodrama romántico, con emocións exacerbadas, amores imposibles, traicións ou loucura.

O domingo, amais do roteiro polas Ribeiras do Miño, a cidade acolle o 18.º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre, que ofrece en premios un total de 5.550 euros. As inscricións, que serán gratuítas, realizaranse na Concellería de Cultura o propio día do certame. O tempo para presentar as obras rematará ás 17.00 horas e realizarase o control na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18.00 horas.

Completa a programación deste día unha sesión de xogos tradicionais, a partir das 18.30 horas, na Praza Maior.

ÚLTIMAS

O Goberno de Lugo apoia a proposta de que a ponte sobre o Miño da N-540 reciba o nome de Tomás Notario Vacas

O goberno local de Lugo aceptou a proposta do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos para...

Choca contra un coche aparcado e ten que ser excarcerada

Os bombeiros tiveron que excarcerar este venres a unha condutora que resultou ferida ao...

Identificado un condutor que circulaba a 220 km/h nunha estrada de 100 km/h tras subir un vídeo

A Garda Civil investiga a un condutor que circulaba a 220 quilómetros por hora nunha estrada limitada...

O PSdeG acusa ao PP de Lugo: “Son unha máquina de mentiras”

O senador do PSdeG pola provincia de Lugo, César Mogo, acusou ao Partido de...