InicioSociedadeLugo fará permanente a peonalización parcial da Rolda da Muralla

Lugo fará permanente a peonalización parcial da Rolda da Muralla

Un carril quedará para uso exclusivo dos viandantes entre a rúa Santiago e a Vilalba, tramo que se unirá ao da Mosqueira. As actuacións prevense para os vindeiros meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Se ben o Concello de Lugo restrinxiu temporalmente o tráfico rodado a un só carril da Rolda da Muralla durante a desescalada, as intencións son as de ir convertendo esa medida en permanente. Así o anunciou o tenente de alcalde de Lugo e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, nun encontro dixital con xornalistas.

Arroxo confesou que a idea do goberno local é volver “permanente” esa peonalización parcial da Rolda da Muralla e están dispostos, din, a realizar as obras precisas para que Lugo teña un paseo peonil de 2’5 quilómetros arredor de todo o monumento romano.

Así, quedou confirmada a peonalización total doutros dous tramos da Rolda: o da Mosqueira e o que discorre entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba, actuacións que o propio tenente de alcalde anunciou para os vindeiros meses. 

“Desde a área de Mobilidade xa iniciamos o proceso para peonalizar por completo o tramo da Mosqueira” e “comezaremos a facer obras para cambiar o pavimento entre a Porta de Santiago e a Rúa Vilalba”, precisou. Desta maneira, as beirarrúas ocuparán todo o espazo do carril interior dende a Porta de Santiago ata a Porta de San Pedro. 

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...