InicioSucesosUn coche impactou contra un tractor que levaba enganchada unha cisterna en...

Un coche impactou contra un tractor que levaba enganchada unha cisterna en Carballido

O condutor do turismo tivo que ser evacuado ao hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida tras un aparatoso accidente entre un coche e un tractor esta mañá no termo municipal de Lugo. Ocorreu ás 13:10 horas, no quilómetro 0’900 da estrada provincial LU-P-2922 (Carballido-Nadela).

Por causas que aínda se descoñecen, o turismo chocou frontolateralmente contra un tractor que levaba unha cisterna enganchada.  Segundo confirmou o 112, o condutor do coche non quedou atrapado a causa do impacto.

Ata o lugar desprazouse un equipo do 061 que, tras prestarlle os primeiros auxilios, evacuou o ferido ao hospital.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...