InicioCulturaOs ritos da Semana Santa de Lugo retransmitiranse por Youtube

Os ritos da Semana Santa de Lugo retransmitiranse por Youtube

As procesións quedaron suspendidas por mor da crise do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, presidirá as celebracións da Semana Santa na Catedral, aínda que nesta ocasión o fará vía Internet e “sen a presenza do pobo” por mor das medidas tomadas para frear a expansión do coronavirus.

Aínda que as procesións da Semana Santa lucense quedaron suspendidas a causa do estado de alarma, o bispo presidirá os actos previstos na Catedral e as celebracións serán retransmitidas en directo a través da plataforma Youtube, “na canle da Diocese de Lugo”.

A Diocese engade que “os sacerdotes –que poidan– celebrarán os ritos de Semana Santa sen presenza do pobo e nun lugar adecuado”. “Comunicarase aos fieis a hora do inicio das celebracións para que se unan en oración desde as súas casas”.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...