InicioSucesosDetido un mozo en Lugo por golpear a súa nai ata tirala...

Detido un mozo en Lugo por golpear a súa nai ata tirala ao chan

Un veciño alertou do sucedido, ao presenciar os feitos dende o seu domicilio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo un mozo de 19 anos en Lugo como autor dun delito de violencia doméstica por maltratar a súa nai.  

Segundo fontes policiais, un veciño viu desde o seu domicilio como un home golpeaba unha muller e esta caía ao chan. Puxo estes feitos en coñecemento da Comisaría Provincial, polo que os efectivos de Radiopatrullas puideron desprazarse rapidamente ao lugar.

Unha vez alí, constataron que a muller fora agredida polo seu fillo. A vítima presentaba diversas lesións na cara que confirmaban o episodio de violencia que ela mesma declarou.

Así pois, procedeuse á detención do fillo da agredida, que xa contaba con antecedentes. O rapaz foi trasladado a dependencias policias para a realización do correspondente atestado e posterior paso á autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...