- Advertisement -
Esta especie de ‘verán’ co que se estreou febreiro de 2020 superou numerosas marcas desde finais da semana pasada e ata este martes. En concreto, Lugo, A Coruña e Santiago superaron os seus récords de temperaturas mínimas o pasado 2 de febreiro.
Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, os termómetros da capital lucense non baixaron dos 13’5ºC o pasado domingo. Ata o momento, a temperatura mínima máis alta do mes de febreiro fora rexistrada no 1987, con 12’4ºC.