InicioPolíticaO Goberno de Lugo vota a favor de reclamar ao Estado o...

O Goberno de Lugo vota a favor de reclamar ao Estado o diñeiro do IVE que lle debe a Galicia

PSOE e BNG sumáronse ao PP na moción presentada en pleno para esixir a Sánchez o pago da débeda que mantén coa Xunta de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno municipal do Concello de Lugo acordou por unanimidade reclamar ao Estado o diñeiro do IVE que lle debe a Galicia. Socialistas e nacionalistas votaron a favor da moción do PP para esixir a Pedro Sánchez a devolución da débeda.

A pesar desa actuación do bipartito na sesión deste 30 de xaneiro, os populares pensan que é “un paripé de cara á galería“. “Saben que o seu xefe de filas non vai devolver os cartos que pertencen aos galegos”, afirmou o voceiro local do PP , Ramón Carballo.

O BNG tamén se sumou á reclamación. A formación nacionalista fora a primeira en instar á Xunta a demandar esta débeda por vía xudicial, algo que finalmente así sucederá. E é que Feijóo confirmou onte que acudirá aos tribunais para esixir o pago dos 200 millóns derivados da mensualidade do IVE de decembro do 2017.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...