InicioSucesosDesarticulan un punto de venda de droga próximo a unha zona escolar...

Desarticulan un punto de venda de droga próximo a unha zona escolar en Lugo

A Policía detivo un individuo de 33 anos que posuía 230 doses de haxix e marihuana no seu domicilio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha ardua investigación da Policía Nacional conseguiu desarticular un punto de venda de droga na cidade de Lugo. Concretamente, a operación desenvolveuse na Piringalla, moi preto dunha zona escolar.

No marco desa operación, a Policía detivo un lucense de trinta e tres anos como autor dun delito contra a saúde pública. O individuo xa contaba con antecedentes por estes mesmos feitos.

Os axentes rexistraron o seu domicilio e incautaron unhas 230 doses de haxix e marihuana, ademais de diversos útiles para o empaquetado e fraccionamento da droga. A maiores, tamén se lle interviu unha arma prohibida (pistola eléctrica ‘táser’) e 525 euros en efectivo, procedentes da venda de estupefacientes.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...