InicioSociedadeDeteñen un home en Lugo por ameazar a súa parella cun coitelo

Deteñen un home en Lugo por ameazar a súa parella cun coitelo

Foi a propia muller a que alertou dos feitos á Policía a través do 092.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido na noite deste luns por un delito de violencia de xénero, logo de que a súa parella denunciara unha agresión durante unha discusión na súa vivenda de Lugo.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, a iso das 22:10h deste luns, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio procederon á detención dun home de 49 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

A muller pediu auxilio á Policía Local a través do 092 dende o interior do domicilio, onde estaba encerrada nun cuarto cun coitelo. “Tiña medo de ser agredida pola súa parella”, explicaron as mesmas fontes policiais. Unha vez no lugar dos feitos, os axentes puideron coñecer, da boca da muller, que a parella tivera unha discusión, no medio da cal o home a agredira, insultara e ameazara.

Por iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero e trasladado a dependencias policiais, onde se procedeu a instruír as dilixencias para o xulgado competente.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...