InicioMedioambiente e PatrimonioUnha segunda vida para as árbores de Nadal do Concello de Lugo

Unha segunda vida para as árbores de Nadal do Concello de Lugo

O goberno local mandou transplantar estes abetos na zona verde de San Fiz, para así seguir a liña de sustentabilidade impulsada nos últimos meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xa coñecen a filosofía de ‘ano novo, vida nova!”. O Concello de Lugo tamén debe ter presente ese dito, porque decidiu que os abetos de Nadal que adornaban o Consistorio terán unha segunda vida na zona verde de San Fiz.

Estas árbores serviron para engalanar as dependencias municipais durante as festas de Nadal, pero dende o Concello queren que estes exemplares, de máis de dous metros de altura, se integren no conxunto de parques e xardíns da cidade para sempre. Seguindo o espírito de sostibilidade, o persoal de Medio Ambiente transplantou os abetos na zona verde de San Fiz.

A aposta da administración local por este tipo de ornamentación encádrase dentro da liña que segue a alcaldía para a utilización de recursos naturais e pola sustentabilidade, escollendo árbores vivas que agora terán un futuro como parte do paisaxe da capital.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...