Home Lugo e contorna Lugo Lugo aumenta o seu plantel de bombeiros e busca xefe

Lugo aumenta o seu plantel de bombeiros e busca xefe

0
Lugo aumenta o seu plantel de bombeiros e busca xefe
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

O goberno local de Lugo informou de que xa está en marcha o proceso para seleccionar ao novo xefe do parque de Bombeiros da cidade.

Mediante un comunicado, o goberno local aclara que “a cobertura de prazas de novo persoal para o parque de Bombeiros, impulsada pola alcaldesa, Lara Méndez, deu un novo paso” co “inicio do proceso selectivo“, neste caso “por promoción interna”, para cubrir a posto vacante de “sarxento xefe”.

A concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, confía en que “no prazo dun mes” quede resolto este proceso. Aclara, así mesmo, que esta incorporación se suma ás “doce novas prazas de bombeiros que, xunto co persoal interino que se vaia nomeando, permitirá cubrir a práctica totalidade do persoal”, segundo Alvarellos, “antes de final de ano”.

Esas doce novas prazas de bombeiros foron publicadas xa no Boletín Oficial da Provincia e, “con toda a tramitación avanzada”, precisou, están “á espera de tomar posesión”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here