InicioMedioambiente e PatrimonioFaltan papeleiras nas rúas de Lugo?

Faltan papeleiras nas rúas de Lugo?

A asociación de empresarios Lugo Monumental preguntará ao Concello polas 172 papeleiras que adquiriu o ano pasado e que aínda non están colocadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Lugo Monumental alerta sobre a carencia de elementos urbanos que faciliten o mantemento da limpeza nas rúas de Lugo. Hai rúas nas que incluso é difícil atopar unha papeleira, din. Por iso, preguntarán ao Concello polas 172 papeleiras que se adquiriron o ano pasado e que habían de ser instaladas “antes de rematar o ano 2018”, segundo se comprometera o goberno local. A día de hoxe, a piques de rematar o verán do 2019, non teñen constancia de que foran colocadas.

“Desde Lugo Monumental apoiariamos unha campaña de concienciación ou incluso unha de disuasión mediante sancións a quen ensucie as rúas”, explica o presidente do colectivo, Luis Latorre, “pero cremos que é preciso dotar antes as vías públicas de suficientes papeleiras para facilitar aos viandantes cumprir coa súa obriga cívica de non tirar obxectos ao chan“. Ademais, lembra que estes comportamentos están contemplados como sancionables no artigo 297 da vixente ordenanza medioambiental do Concello de Lugo.

A adquisición destas papeleiras, por un importe de máis de 6.500 euros, non se materializou nas vías do casco histórico lucense, aseguran. Polo tanto, Lugo Monumental insistirá no Concello ata que obteñan outra resposta.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...