InicioLugo e contornaLugoInvestigan a un veciño de Lugo que comprou produtos a nome dun...

Investigan a un veciño de Lugo que comprou produtos a nome dun amigo por Internet

Os feitos ocorreron durante a fase de explotación da operación Telekar, iniciada por mor da denuncia dun veciño de Betanzos, que manifestaba que unha compañía de telefonía lle reclamaba importes impagados por servizos que non contratara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil investiga a un veciño de Lugo que, supostamente, contratou unha rede wifi e comprou produtos informáticos a nome dun amigo.

Segundo informou o corpo, os feitos ocorreron durante a fase de explotación da operación Telekar, iniciada por mor da denuncia dun veciño de Betanzos, que manifestaba que unha compañía de telefonía reclamáballe importes impagados por servizos que non contratara.

Os axentes investigaron os feitos e constataron que se formalizou un contrato de alta dunha rede wifi e a compra dunha serie de produtos informáticos a nome do denunciante, sen o seu consentimento, causándolle un prexuízo económico de 613,19 euros.

A Garda Civil logrou despois identificar ao presunto autor dos feitos, un veciño de Lugo co que o denunciante mantivera unha relación de amizade no pasado.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...