InicioSucesosA muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A muller, de 31 anos, pasou a relatar despois algúns dos episodios vividos coa súa ex parella durante a convivencia de ambos en compañía dos pais desta na casa familiar de Guntín

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de 40 anos acusado dun presunto delito de malos tratos habituais e agresión sexual continuada contra o seu ex parella, que o acusou ante a xuíza de tentar fozarla durante anos “todas as noites”, e para quen a Fiscalía solicitou unha pena acumulada de 15 anos de cárcere.

O procesado, natural dunha aldea de Meira e sobre o que pesa unha orde de afastamento da muller desde setembro de 2021 por abusar presuntamente dela -de acordo ao detallado no escrito fiscal– forzala a manter relacións, realizarlle tocamentos en lugares públicos e “usar o sexo como moeda”, negou durante a súa comparecencia todos os cargos na súa contra.

O Ministerio Fiscal ratificouse na súa petición de 12 anos de prisión para o acusado por un delito de agresión sexual continuada e tres máis por un delito de malos tratos habituais con “agravante” de parentesco e xénero. Tamén solicitou unha pena accesoria de dez anos de liberdade vixiada para o imputado, así como unha indemnización á vítima en concepto de responsabilidade civil de 50.000 euros.

A acusación particular, pola súa banda, elevou a 14 anos de presidio a súa petición polo delito de agresión sexual continuada e interesou ademais unha pena dun ano e seis meses por coaccións e ameazas, fixando en 100.000 euros a contía da indemnización solicitada para a muller.

A letrada da defensa, que pediu a libre absolución, solicitou, como cuestión previa, a declaración do acusado en último lugar para garantir, manifestou, “un mellor dereito de defensa”, ao que non se opuxeron nin acusación particular nin Fiscalía.

Os feitos xulgados na Audiencia Provincial tiveron lugar entre os anos 2013 e 2021, período durante o cal a denunciante e o acusado mantiveron unha relación de parella con convivencia no domicilio familiar desta, situado nunha aldea do municipio de Guntín desde o nacemento do fillo de ambos en 2016.

“TRATÁBAME COMO UN OBXECTO SEXUAL”

A primeira en declarar ante a xuíza foi a propia denunciante. Fíxoo separada por un biombo do seu presunto agresor, a quen definiu como unha persoa “controladora e celosa” e a quen acusou de esixirlle “manter relacións sexuais diarias durante anos” a cambio de “poder realizar vida social”.

“Tentábame forzar todos os días, todas as noites, constantemente. Mesmo diante do neno ou xusto despois de dar a luz. Era un acosador, tratábame como un obxecto sexual”, manifestou entre bágoas.

A muller, de 31 anos, pasou a relatar despois algúns dos episodios vividos coa súa ex parella durante a convivencia de ambos en compañía dos pais desta na casa familiar de Guntín. “Realizábame tocamentos para que me sentise incómoda e despois ríase. En público e en privado, dáballe igual”, asegurou, para acto seguido acusar o pai do seu fillo de ameazala con suicidarse ata en dúas ocasións e de “marcharse co neno”.

“Dicíame que se ía a marchar co que era seu, en referencia ao neno, e que ía pagar con diñeiro ou con cárcere”, declarou a muller en sede xudicial, que afirmou tamén “sentir medo” do seu ex parella e atoparse aínda a tratamento psicolóxico polo sucedido.

AS TESTEMUÑAS

Tras a declaración da denunciante chegou a quenda das testemuñas: os pais, a mellor amiga e o marido da mellor amiga da muller; e os proxenitores, o irmán e un amigo íntimo do acusado.

O pai da vítima denunciou durante a vista a existencia de “comportamentos raros” por parte do procesado desde o inicio da convivencia na casa familiar e asegurou presenciar “tocamentos” en público do home cara á que era a súa parella. “Eu vin como manoseaba á miña filla en público e ela escapáballe”, declarou.

A mellor amiga da denunciante, que tamén prestou declaración, cualificou como “moi violentos” os comportamentos do procesado cara á súa ex parella en instancias sociais: “Eu vin como a tocaba por baixo da mesa nun restaurante mentres ela tentaba apartarse, como a manoseaba e ela non quería. Ela contoume ademais que a forzaba habitualmente”.

A defensa do home, que remarcou durante a vista o carácter “tímido e introvertido” do procesado, chamou a declarar ao pai do acusado. “Eu ao meu fillo vino infeliz e acovardado en todo momento”, manifestou o proxenitor, para acto seguido cualificar á denunciante como “posesiva” e responsabilizala de impedir ao seu fillo e a toda a familia paterna “ver ao neno”. A nai e o irmán do acusado pronunciáronse nunha liña moi similar, negando presenciar sucesos como os recolleitos no escrito de acusación do Ministerio Fiscal.

“NUNCA A FORCEI”

Antes da participación no xuízo dos peritos, que puxeron punto e final á vista na Audiencia Provincial, testificou ante a xuíza o acusado, que negou utilizar o sexo como moeda de cambio en ningún momento da relación.

“Eu non lle pedía ter sexo continuamente, só comentáballo ás veces. Só tivemos dúas relacións sexuais desde 2016”, manifestou o imputado, que asegurou “acariñar a perna” da muller e “porlle a man na cintura, como fai calquera parella” ao ser interrogado sobre os presuntos tocamentos en público realizados á súa ex compañeira.

“Nunca me deixaron exercer de pai e iso xerábame malestar e malhumor. Desde que naceu o neno ela nunca se comunicaba comigo, ignorábame, pero eu nunca a forcei”, concluíu.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...