InicioLugo e contornaSacar á luz a historia oculta do Condado de Pallares pode ter...

Sacar á luz a historia oculta do Condado de Pallares pode ter premio

Convocan un certame investigador galardonado con 3.000€ para o mellor traballo científico sobre a historia do Condado de Pallares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Condado de Pallares volve mirar atrás para recuperar a súa historia. Un ano máis, o Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación do Certame de Investigación que leva o nome do antigo condado, presentado o pasado mércores 30 e que neste 2021 vai xa pola súa XV edición.

O obxectivo pasa, un ano máis, por promover a investigación nunha serie de eidos que axuden a botar luz sobre a historia distante do Condado de Pallares, un título nobiliario instaurado polo Fernando VII a comezos do século XIX pero cuxas primeiras trazas de unidade territorial hai que procurar nos días da caída do Imperio Romano.

En calquera caso, o certame recollerá ata o 30 de setembro todos aqueles traballos de investigación que axuden a comprender a historia do Condado, ben sexa dende a perspectiva da linguística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía e ou o folclore, etc.

O traballos, apuntan dende a organización, deben ser escritos, á parte de orixinais e inéditos e, por outra banda, estar presentados en lingua galega. Os interesados teñen até o último día do mes de setembro para remitilos remitíndoos por correo certificado, baixo plica, á Casa Reitoral de Ferreira de Pallares, onde ten a súa sede a asociación  Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, que organiza o certame con apoio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

O certame irá culminado cun único premio de 3.000 euros que será outorgado ao autor ou autora da obra que reúna suficientes méritos científicos . O xurado emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o día 6 de novembro. A obra gañadora será publicada. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, puxo en valor o traballo desenvolvido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Pallares: “Ademais de sacar adiante unha nova edición do certame,  nuns meses difíciles para a cultura por mor da situación sanitaria,  fixo un esforzo por manter a actividade e por visibilizar e dar traballo as xentes dos sectores ligados a produción cultural”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...