InicioLugo e contornaGuntínO primeiro lume da tempada arrasa 48 hectáreas en Guntín

O primeiro lume da tempada arrasa 48 hectáreas en Guntín

Máis de 120 hectáreas calcinadas nun día entre as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

PUBLICADA O

- Advertisement -

Primeira semana de maio e xa comezaron os grandes lumes. Logo de varios días de calor e seca, tres grandes lumes, xa estinguidos, afectaron aos municipios de Guntín (Lugo), Vila de Cruces (Pontevedra) e San Xoán de Río (Ourense). Estes incendios forestais rexistrados entre o luns pola tarde e a mañá do martes queimaron máis de 120 hectáreas.

incendio de Guntín iniciouse ás 15,51 horas do luns na parroquia de Ferreira de Pallares e quedou extinguido ás 22,41 horas da mesma xornada após arrasar 48,72 hectáreas, delas 12 de monte arborado e 36,72 de raso, precisou a Consellería de Medio Rural. Na extinción deste incendio forestal participaron catro axentes, 10 brigadas, cinco motobombas e dous helicópteros, indicou o departamento de Medio Rural.

Na provincia de Ourense, un incendio forestal con varios focos queimou este martes unhas 45 hectáreas no municipio de San Xoán de Río. Segundo a mesma fonte oficial, este lume quedou controlado ás 16.49 horas deste martes após afectar a 24 hectáreas de arborado e 21 de superficie rasa.

Así mesmo informou o goberno autonómico doutro lume, este en Pontevedra. Ás 1,55 horas deste martes quedou extinguido o lume declarado na parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces. Comezou ás 18,39 horas do luns e queimou unha superficie de 30 hectáreas de monte arborado. Para extinguir este incendio foron mobilizados oito axentes, 15 brigadas, seis motobombas, unha pa e catro helicópteros.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...