InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG de Castroverde reclamará o arranxo da Vía Romana XIX

O BNG de Castroverde reclamará o arranxo da Vía Romana XIX

As choivas torrenciais dos últimos días desfixeron completamente o treiro da Vía Romana que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde – A desfeita complica as rutas e tamén o acceso dos veciños ás leiras

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno de Castroverde unha iniciativa para demandar o acondicionamento da Vía Romana que transita pola parroquia de Tórdea. O voceiro local do BNG, Xosé Gómez, sinalou que ademais de facer transitable a Vía Romana, os camiños son empregados coma acceso a moitas leiras da parroquia polas. As importantes choivas dos últimos días desfixeron completamente o treito da Vía que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde, polo arrastre de materias areosos que deixou intransitables os camiños. 

«No estado actual, as veciñas e veciños non poden acceder ás fincas, nin con tractores, e as rutas pola Vía Romana XIX son imposibles» dixo Gómez. O representante nacionalista explicou que «tal e como quedaron os camiños, hai fochancas de máis de 50 centímetros de profundidade que os fan totalmente intransitables». Durante a primavera e o verán a Vía Romana XIX é utilizada por moitos grupos para facer roteiros tanto a pé coma en bicicleta. Así, para o BNG cómpre «recuperar o estado da Vía para que a imaxe que leven as persoas que nos visitan sexa positiva».

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...