InicioLugo e contornaCastroverdeCastroverde pasa a nivel medio de restricións

Castroverde pasa a nivel medio de restricións

Tamén estarán Cambre, Poio, Camariñas e Malpica de Bergantiños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os municipios de Camariñas e Malpica de Bergantiños seguirán unha semana máis con restricións medias, nivel ao cal pasan tamén desde o vindeiro sábado Castroverde, Cambre e Poio, segundo acordou este martes o comité clínico que asesora ao Goberno galego para facer fronte ao coronavirus.

Desde a medianoite do próximo sábado, os restantes 308 concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo de restricións, ao cal pasa Soutomaior, que as dúas semanas anteriores contou medidas da categoría media.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá este mércores para expor as medidas acordadas polo comité clínico, como as condicións para a retirada da máscara ao aire libre, que o Goberno central fixou para o vindeiro sábado 26 de xuño. O comité clínico volverá reunirse o martes da próxima semana para analizar a situación epidemiolóxica dos municipios galegos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...