O éxito da moción de censura presentada polo Partido Socialista contra o executivo de Mariano Rajoy non ten precedente na historia democrática española. Os representantes públicos de todo o estado centran a atención no novo presidente do goberno, Pedro Sánchez, que recibiu a confianza do Congreso dos Deputados. Entre celebracións e críticas, apenas houbo espazo para as reivindicacións de Lugo e de Galicia. Estas foron as reaccións dos políticos máis relevantes da contorna lucense.
Na dereita, sintomática ausencia de Galicia
Silencio da presidenta do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, e tamén do delegado territorial da Xunta na provincia, Jose Manuel Balseiro. Os populares galegos, en xeral, limitáronse a compartir a solemne despedida do xa expresidente Rajoy. O secretario xeral Miguel Tellado tampouco se pronunciou sobre a moción de censura. Quen si compareceu publicamente foi o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo dixo estar “a disposición de Galicia e do partido, pero de Galicia”. E fora do eido autonómico, apareceu o lucense e voceiro do Partido Popular no Senado, José Manuel Barreiro.
Todo nuestro orgullo, respeto y admiración hacia @marianorajoy el mejor presidente que ha tenido España. Gobernó haciendo frente a los desafíos más graves de nuestra democracia y deja un país mejor que el que se encontró #GraciasPresidenteRajoy pic.twitter.com/hjURQ7KHer
— JManuel Barreiro (@BarreiroJmanuel) June 1, 2018
En Ciudadanos houbo moita actividade, mais toda enfocada á estrutura de comunicación centralizada característica da formación laranxa. Dende o perfil de Olga Louzao, voceira en Galicia amais de na cidade de Lugo, e o de Ciudadanos Galicia fixeron eco das reaccións dos persoeiros máis importantes do partido en Madrid. A última mensaxe de Louzao data de onte.
Mientras el @PSOE se vende al mejor postor(quién sabe a costa de qué), @CiudadanosCs sigue siendo coherente:que decidan los ciudadanos
— Olga Louzao (@olgaloal) May 31, 2018
A esquerda, entre a celebración e a reivindicación
Festa, e non é para menos, no Partido dos Socialistas de Galicia. O secretario xeral do PSdeG tivo moita presenza nas redes sociais durante a moción, á que foi convidado e observou dende o anfiteatro. Porén, non houbo oco para os asuntos galegos nin os propios de Lugo. É un día adicado ao líder e novo presidente do goberno, Pedro Sánchez. Así o plasmaron Gonzalo Caballero e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
🌹 Noraboa, Pedro @sanchezcastejon ‼️ #PedroPresidente #LaHoraDeLaDecencia pic.twitter.com/aVSx0nqCCC
— PSdeG (@PSdeG) June 1, 2018
🌹Xornada histórica para o cambio en España. Felicidades Pedro @sanchezcastejon, Presidente do Goberno pic.twitter.com/HSDCHvpUf0
— Lara Méndez López (@LaraMendezLopez) June 1, 2018
A outra forza con presencia galega no Congreso, En Marea, salientou o valor dos seus cinco deputados para que a votación saíra adiante. O parlamentario Miguel Anxo Fernán-Vello foi o encargado de representar na tribuna ao grupo confederal, e tamén logo na rolda de prensa, que serviu para escenificar a súa participación. Tamén houbo mensaxes dende a representación de En Marea no Parlamento de Galicia, cun Luís Villares que centrou o discurso en vencellar a derrota do Partido Popular coas perspectivas do actual goberno da Xunta. E os aliados de Esquerda Unida tiraron de hemeroteca para lembrar o papel do presidente censurado na xestión do Prestige.
🔴📽️ "É urxente revertir as políticas anti sociais do Partido Popular en Galicia", o voceiro @FernanVello tras a aprobación da #MociónCensura no Congreso. pic.twitter.com/3jXjuwHVa3
— EnMarea (@En_Marea) June 1, 2018
O día de hoxe márcalle o camiño a Feijóo e ao Partido Popular de Galicia. Esta #mocioncensura vai ser moi boa tamén para o noso país. Estamos ante unha situación de corrupción sistémica, que se da tamén en Galicia. @En_Marea
— Luís Villares (@VillaresLuis) June 1, 2018
Na Tribuna do Congreso, atendendo á votación neste día histórico. @EsquerdaUnida @PCGalicia As que vivimos mentiras coma a dos “hilillos” non te botaremos de menos como Presidente. #AdiósRajoy @iunida @elpce pic.twitter.com/Q86iYj9g63
— Eva Solla Fernández (@eva_solla) June 1, 2018
Finalmente, a principal reivindicación correspondeu ao Bloque Nacionalista Galego. O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, comparou as mencións durante o debate a Euskadi e Catalunya coa ausencia de Galicia. Na mesma liña foi a representante do Bloque no Parlamento galego, Ana Pontón, a primeira en solicitar ao novo presidente unha liña de acción para o país.
Euskadi e Catalunya son centro constante de debate. Galiza nin se menciona. Urxe que volvamos ter voz no Congreso #MocionCensura
— Rubén Arroxo (@Ruben_Arroxo) May 31, 2018
Urxe unha Axenda Galega ante un novo escenario na política estatal:
✅recoñecemento de Galiza como nación
✅transferencia da AP-9 e fin das abusivas peaxes
✅Derrogar a ilegal e inmoral prórroga de Ence
✅Tarifa eléctrica galega— Ana Pontón (@anaponton) June 1, 2018