InicioLugo e contornaUnanimidade na Deputación de Lugo coa declaración institucional pola supervivencia de Alcoa...

Unanimidade na Deputación de Lugo coa declaración institucional pola supervivencia de Alcoa en Cervo

Fan fincapé en que "as industrias electrointensivas son as que dependen en moi gran medida da electricidade para o seu proceso produtivo, por iso, calquera variación significativa ou incerteza sobre os prezos da electricidade aféctalles dunha forma directa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todos os grupos con representación no pleno da Deputación (os 12 deputados do PP, os 10 do PSOE, dous do BNG e o deputado non adscrito) aprobaron este martes por unanimidade unha declaración institucional a favor da supervivencia da planta de Alcoa no municipio de Cervo.

En base a un documento do propio comité de empresa, advírtese da “importancia que este sector industrial ten neste concello (Cervo) e na comarca da Mariña“.

Así fan fincapé en que “as industrias electrointensivas son as que dependen en moi gran medida da electricidade para o seu proceso produtivo, por iso, calquera variación significativa ou incerteza sobre os prezos da electricidade aféctalles dunha forma directa”.

Por iso, buscan instar o “Goberno galego e ao Goberno español a que constitúa unha mesa de traballo onde estean todos os sectores afectados, sen exclusións e transparente para desenvolver o estatuto da industria electorintensiva”.

Ademais, emprázase ao “Goberno español a que se vaian facendo efectivas de inmediato estas medidas nos orzamentos para o 2019”. “E contémplense no texto definitivo de regulación do estatuto de consumidores electrointensivos as medidas antes sinaladas que nos dotarán dun marco enerxético estable para a industria electorintensiva”, engaden.

Previamente ao pleno, o presidente da Deputación provincial, Darío Campos, destacou que se trata de “un tema moi importante para a provincia de Lugo e para A Mariña”.

Vai haber unanimidade porque é un tema suficientemente importante e temos que estar por encima de diferenzas entre partidos“, avanzou Campos antes do inicio da sesión.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...

En marcha o Programa de Activación para a Transferencia do Campus Terra

A USC vén de poñer en marcha o Programa de Activación á Transferencia do...

O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao

As obras de reurbanización da rúa Conde Fontao están integradas dentro do proxecto de...