InicioLugo e contornaLugoComo crear xardíns verticais en pleno centro de Lugo

Como crear xardíns verticais en pleno centro de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 20 persoas participan este sábado no obradoiro gratuíto Xardíns ecolóxicos e verticais con materiais reciclados, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos participantes nocións básicas sobre as distintas posibilidades ecolóxicas existentes para a construción de distintos tipos de xardíns verticais ou muros con materiais ecolóxicos para o cultivo ornamental.

A través desta programación, búscase fomentar a participación cidadá e, segundo apunta a Deputación, “difundir entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, cara a un desenvolvemento sostible, ao tempo que se dá a coñecer a contorna natural que a rodea, co fin de aprender a respectala e coidala”.

O obradoiro ten unha duración de catro horas, sendo a primeira de carácter teórico, co fin de que os participantes se achegasen ao manexo de plantas e se familiarizases cos coidados como rego ou abonado. As tres horas restantes destinanse a pór en práctica as nocións adquiridas e a elaborar muros verdes con materiais reciclados, tales como como botellas, tubaxe ou cordas.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...