InicioLugo e contornaLugoLugo homenaxea aos mortos nos atentados do 11M en Madrid quince anos...

Lugo homenaxea aos mortos nos atentados do 11M en Madrid quince anos despois

A alcaldesa tamén fixo extensivo o minuto de silencio ás últimas asasinadas a mans das súas parellas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pouco máis dunha ducia de persoas, entre elas a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o presidente da deputación, Darío Campos, con representantes de PP, Cidadáns, Lugonovo e BNG, secundaron a concentración para condenar o terrorismo no 15 aniversario dos atentados do 11M.

A alcaldesa tomou a palabra para facer “extensivo” a homenaxe a esas outras “vítimas”, ás últimas asasinadas a mans das súas parellas. “Este minuto de silencio en recordo das vítimas daquel fatídico 11M, que sufrimos en Madrid, tamén é un recordatorio de que aqueles dereitos conseguidos podémolos perder e, por tanto, temos que seguir loitando para procurar seguir manténdoos e seguir loitando para avanzar en dereitos sociais”, incidiu.

O presidente da deputación, Darío Campos, subliñou que esta “secuela do terrorismo e do yihadismo aínda está a afectar”.Campos aludiu a que “isto igual é tamén responsabilidade daquel trío (o dos Azores)” que equiparou “co trío de Colón”. “Nós o que queremos é un país libre, un país democrático e un país aberto a todos e no que todos podamos vivir”, concluíu.

A concelleira de Ciudadanos en Lugo e portavoz da formación en Galicia, Olga Louzao, asegurou que “aquela mañá marcou a todos para sempre”, e que o seu recordo e “o de todo Cidadáns Galicia están hoxe e sempre coas vítimas e os seus familiares”.

Louzao afirmou que “se cumpren 15 anos do peor atentado” que sufriu España e engadiu que “a liberdade sempre vencerá á barbarie”. “Non podemos esquecer, temos que lembrar ás vítimas e as súas familias, e que as novas xeracións non se esquezan”, remarcou.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...