InicioEconomíaContra o "desmantelamento" da Oficina Agraria Comarcal de Lugo

Contra o “desmantelamento” da Oficina Agraria Comarcal de Lugo

A parlamentaria do BNG Olalla Rodil denuncia que desde 2018 só está atendida por un técnico e un administrativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, anunciou a presentación dunha serie de preguntas en relación co “desmantelamento” da Oficina Agraria Comarcal de Lugo (OAC) que, segundo sinalou, desde 2018 só está atendida por un técnico e un administrativo.

Segundo o BNG, a Consellería de Medio Rural non cubriu os postos dos dous técnicos e un administrativo que cesaron, polo que “a falta de persoal está a causar graves perdas ao sector agrario na área de Lugo”.

Rodil explicou que a falta de efectivos para facerse cargo do traballo “dá lugar ao atraso nas certificacións e trámites administrativos para xestionar subvencións e asuntos referentes á documentación das explotacións.

“ABANDONO DO MEDIO RURAL”

Así mesmo, a parlamentaria do BNG sinalou que a cobertura dos postos de traballo “xa están recollidos na relación de postos da Xunta e, por tanto, dotados orzamentariamente”. Ademais, engadiu que “o feito de que non se cubran atende a unha política activa de abandono do medio rural galego”.

Tamén lembrou que o BNG leva tempo denunciando “o desmantelamento dos servizos públicos no medio rural e tamén a redución de gran parte da estrutura periférica das oficinas agrarias comarcais”.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo atende a seis concellos –Lugo, Portomarín, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade–, con 7.321 explotacións agrícolas, das que 694 son prioritarias. Nesta oficina reciben ao ano a máis de 6.000 persoas, xestionan máis de 1.500 expedientes e uns 5 millóns de euros en axudas públicas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...