InicioMovementos sociaisA Rede Galega Contra a Trata rexeita o proxecto de Ordenanza Cívica

A Rede Galega Contra a Trata rexeita o proxecto de Ordenanza Cívica

Dende o colectivo aseguran que a norma que se pretende aprobar criminaliza aos colectivos en risco de exclusión e non atalla o problema real

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Galega Contra a Trata rexistrou un escrito dirixido á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, logo de coñecer o contido da proposta da denominada Ordenanza Cívica. Nel rexeitan a pretensión de «estigmatizar e impor sancións económicas» ás mulleres que exercen a prostitución en espazos públicos «coa escusa de garantir a normal convivencia». Segundo manifesta o colectivo, estas medidas só afondarían na vulnerabilidade das mulleres, e por iso solicitan á rexidora unha reunión.

Dende a Rede subliñan que no traballo diario no eido da prostitución comproban a existencia de factores comúns que a Ordenanza tenta ocultar. Citan a trata de seres humanos, a explotación sexual, a violencia, a marxinación, a exclusión socio-sanitaria, a dificultade económica e as consecuencias da cultura sexista e patriarcal coma os verdadeiros problemas de fondo. E advirten que sen este enfoque de dereitos humanos, a nova norma municipal pode criminalizar a persoas en situación de desvalimento.

Entre outros argumentos, o colectivo Contra a Trata recolle o artigo 9 da Constitución, que encomenda aos poderes públicos a promoción das condicións para a liberdade e igualdade do individuo e os grupos nos que se integra, eliminando os obstáculos que impidan ou dificulten a plenitude destes dereitos.

Para que a nova ordenanza de seguridade cidadá non contribúa a esta situación de vulnerabilidade, a Rede solicita á alcaldesa de Lugo –a través de Caritas Diocesana de Lugo e Aliad-Ultreia– a convocatoria dunha reunión. Defenden a necesidade de que a opinión dos grupos que conforman esta plataforma sexa escoitada para favorecer unha cidade máis libre.

A Rede Galega Contra a Trata está composta polas seguintes organizacións e persoas: Accem (A Coruña), Fundación Amaranta (Ourense), Aliad-Ultreia (Lugo), Asociación Faraxa (Vigo), Caritas-Programa Muller (Lugo), Caritas-Alumar (Ourense), Ecos do Sur (A Coruña), Médicos do Mundo Galicia, Oblatas-O Mencer (Ferrol), Oblatas-Vagalume (Santiago de Compostela), e a socióloga Silvia Pérez Freire.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...