InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello identifica as zonas de Lugo con máis accidentes polo xabaril

O Concello identifica as zonas de Lugo con máis accidentes polo xabaril

A alcaldesa Lara Méndez afea á Xunta de Galicia o "deixamento de funcións" e a falla dunha "correcta xestión da fauna cinexética", que é competencia autonómica

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo presentou un estudo de treitos de concentración de accidentes relacionados co xabaril, co que agardan forzar á Xunta de Galicia a reaccionar e adoptar un plan de xestión. A alcaldesa Lara Méndez explicou que a necesidade do estudo quedara determinada polo goberno autonómico, mais a “deixación de funcións” obrigou a que fose o consistorio o que realizara por conta propia o informe.

Durante a comparecencia, a rexedora cominou o executivo galego a tomar “con carácter de urxencia medidas para controlar as poboacións” do xabaril. No Concello entenden que, logo de presentar o estudo dos accidentes –en poder dos técnicos da Xunta–, a administración autonómica “xa non ten escusa” para non adoptar medidas sobre este problema con “prexuízos económicos gravísimos”.

Así, Méndez recriminou a inexistencia dunha “planificación real” sobre a especie, así como o feito de que a Xunta deixara caer a responsabilidade sobre os concellos “sen abordar a situación”. “O único que fixo foi enviarnos catro mapas que recollen os terreos cinexéticos”, nos que constan 3.019 hectáreas de zona de exclusión da caza, e 2.085 de chan rústico e 1.700 de propiedade privada nos que o goberno local non pode actuar salvo con risco de incendio.

Este martes, as dúas administracións manterán unha reunión de traballo. Sobre o estudo, que permite inferir “onde están os xabarís, os sitios de pasada e onde dormen”, a alcaldía esixirá que a Xunta determine as zonas de actuación e active a coordinación entre os distintos departamentos. Tamén está sobre a mesa pedir unha campaña de comunicación para trasladar á poboación como actuar e os riscos que presenta o xabaril, con énfase na saúde pública.

Aumento de accidentes con cinco puntos chave

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Dende 2017 aumentou un 30 por cento o número de accidentes relacionados con fauna cinexética nas estradas de Lugo, contabilizando 187 só en 2018. O estudo sinala que as estradas máis afectadas son a N-640 cara a Meira, á altura de Teixeiro, con 21 accidentes nun tramo de 2 km; a estrada da Fonsagrada LU-530, con 13 accidentes nun tramo de 4 km.; a A-6 á entrada de Lugo pola Fonsagrada, con 10 accidentes en 3 km.; a A-54 a Santiago, con 8 accidentes en 3 km,: e a N-VI, na contorna do Pazo de Deportes, con 4 accidentes en menos de 1 km.

A Xunta instalará gaiolas en Lugo para atrapar xabarís nas zonas de paso

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...