InicioLugo e contornaPiden catro anos de cárcere para un falso construtor por estafar máis...

Piden catro anos de cárcere para un falso construtor por estafar máis de 9.000 euros a través de Facebook

O acusado asinou un contrato de reforma en Lugo e desapareceu tras cobrar o 50% do orzamento sen realizar ningunha obra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves a audiencia preliminar do caso contra un home acusado dun delito de estafa agravada. A Fiscalía solicita para o procesado unha pena de catro anos de prisión tras, supostamente, cobrar 9.707,50 euros por unhas obras de reforma que nunca chegou a realizar.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, o acusado ofrecía os seus servizos profesionais como construtor a través da rede social Facebook. A vítima contactou con el por este medio para propoñerlle unha serie de traballos nunha construción anexa a unha vivenda da súa propiedade. Tras as negociacións, ambos asinaron un contrato o 13 de agosto de 2024 no que se orzaba a reforma nun total de 19.415 euros.

O acordo estipulaba o abono do 50% do total no momento da firma. Ese mesmo día, o prexudicado realizou unha transferencia bancaria de 9.707,50 euros que o acusado recibiu e incorporou ao seu patrimonio. A Fiscalía sostén que o procesado actuou “con ánimo de obter un beneficio patrimonial ilícito” e sendo plenamente consciente de que non ía executar ningún dos traballos contratados.

Unha vez percibido o diñeiro, o home non iniciou a obra e, segundo a acusación, aduciu “diferentes e falsos pretextos” para xustificar o incumprimento do contrato. Por estes feitos, ademais da pena de cárcere, o Ministerio Público solicita que o acusado indemnice á vítima coa contía total estafada máis os xuros legais correspondentes.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...