InicioSociedadeUnha serie de sismos en Triacastela, Baralla e Becerreá sacuden a montaña...

Unha serie de sismos en Triacastela, Baralla e Becerreá sacuden a montaña de Lugo

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou oito tremores de madrugada, o maior deles de magnitude 3,9 con epicentro en Triacastela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou varios seísmos de madrugada con epicentro nas localidades de Triacastela, Baralla e Becerreá, un deles de magnitude 3,9. Segundo o 112 Galicia, o Instituto Xeográfico Nacional comunicoulles de madrugada unha serie de movementos sísmicos concentrados nestes municipios da montaña lucense.

Foron, en total, oito episodios ocorridos entre as 3:00 e as 3:15 horas, cunha magnitude que oscilou entre 2,5 e os 3,9 rexistrados en Triacastela. Malia a intensidade dalgúns dos tremores, non se notificaron incidencias relacionadas nin chamadas de particulares aos servizos de emerxencia.

Alén dese 3,9 en Triacastela, o 112 destaca un seísmo de magnitude 3,4 e outros de 3,1, 3,0 e 2,9 na mesma localidade. Pola súa banda, en Becerreá rexistráronse movementos de 3,1 e 2,5, mentres que en Baralla a magnitude foi de 2,5.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...