InicioPolíticaCC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un "feminismo de pancarta"

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

O sindicato critica a inexistencia dun Plan de Igualdade no Concello e censura a precariedade laboral que sofren as traballadoras de sectores feminizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de exercer un “feminismo de pancarta” durante unha concentración na que quixo denunciar o que considera unha fenda entre o discurso institucional do goberno municipal e a realidade laboral das súas traballadoras. O sindicato sostén que o Concello acaba de ser sancionado pola Inspección de Traballo pola ausencia dun Plan de Igualdade e outras situacións de precariedade laboral. A organización considera “inaceptable que, mentres se multiplican os xestos institucionais con motivo do 8 de marzo, o Concello continúe sen contar con este instrumento obrigatorio para garantir a igualdade no ámbito laboral”.

Así mesmo, o sindicato denuncia vulneracións en servizos considerados críticos. Neste sentido, sinala que o Concello recibiría unha segunda sanción pola xestión dos horarios do persoal que atende a mulleres vítimas de violencia machista. Segundo CC.OO., “non se pode falar de protección ás vítimas se se vulneran os dereitos de quen as atenden”, e advirten de que “se non se coida a quen coida, todo o demais é propaganda e incoherencia institucional e política”. Ao ritmo de cancións reivindicativas, os congregados ante as portas do edificio consistorial protestaron pola situación e leron un manifesto, por medio de Sesé Barreira, delegada de CC.OO. no Concello de Lugo, no que fan mención aos problemas derivados desta situación.

“Nunha empresa como esta, de entre 500 e 600 traballadores, que non exista un plan de igualdade é unha vergoña; non se dignaron a sentar para negocialo nin para porse a traballar”, critica. Asegura tamén que non se pode ter unha idea clara da situación de igualdade do Concello mentres non exista este plan e afirma que “hai sectores moi precarizados no Concello e colectivos nos que só traballamos mulleres, que somos as que máis estamos a sufrir esta desidia”. Os manifestantes esgrimiron en pancartas o seu apoio a María Reigosa, coa que aseguraron que se senten identificados “porque a mandan estar calada continuamente nos plenos, e a nós pásanos igual, non é que nos manden calar, é que non nos escoitan”, afirmou.

A organización sindical tamén subliña a gravidade, ao seu xuízo, de que na Deputación de Lugo se manteña a unha persoa investigada pola Fiscalía por un presunto caso de acoso sexual. Para CC.OO., os principios en materia de igualdade non poden depender “das matemáticas do poder nin de actividades simbólicas que non afrontan os problemas estruturais”. O sindicato asegura que continuará denunciando estas situacións e rexeita calquera intento de silenciar as súas críticas. En resposta ás declaracións do alcalde nas que afirmou que “o feminismo comeza nas institucións”, CC.OO. pregúntase que tipo de feminismo é aquel que, segundo denuncian, incumpre a lexislación laboral básica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con...

Representantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto contra o escudo social

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César...

O PP amplía a campaña informativa sobre o plan de mobilidade do goberno local de Lugo

O Grupo Popular ampliará a campaña informativa que está a desenvolver sobre o novo...