InicioLugo e contornaLugoCárcere para o home que atacou ao seu cuñado cunha fouce

Cárcere para o home que atacou ao seu cuñado cunha fouce

O tribunal, á hora de ditar a pena, tivo en conta a atenuante de embriaguez, pois o imputado tiña levemente mermadas as súas facultades mentais como consecuencia da inxesta de bebidas alcohólicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 11 de agosto de 2016 un home, veciño de Lugo, mantivo unha discusión co seu cuñado. Tras varios insultos espetoulle: “Vouche a matar”. Instantes despois, cando o seu cuñado se atopaba no interior do portal da súa casa, o acusado atacouno cunha fouce.

Por estes feitos a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenouno a oito anos de cárcere. Os maxistrados destacan na sentenza que actuou “con ánimo de acabar coa súa vida”, pois a agresión produciuse “por detrás” e a vítima non puido reaccionar. “Asestoulle un golpe na zona da caluga coa parte cortante da fouce provocando que caese ao chan, propinoulle unha patada e abandonou o lugar de maneira inmediata”, relata o tribunal.

Como consecuencia da agresión, o afectado ten como secuelas dores cervicais, limitación da mobilidade da columna e unha cicatriz na cabeza. A Audiencia tamén lle impuxo ao home a prohibición de comunicarse e aproximarse ao seu cuñado durante 15 anos, así como o abono dunha indemnización de 29.170 euros.

Con todo, á hora de ditar a pena, tivo en conta a atenuante de embriaguez, pois o imputado tiña levemente mermadas as súas facultades mentais como consecuencia da inxesta de bebidas alcohólicas.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...