InicioSociedadeFacua esixe ao Sergas que reforce a pediatría na Fonsagrada, Baleira e...

Facua esixe ao Sergas que reforce a pediatría na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación denuncia que os menores deben desprazarse ata 60 quilómetros para recibir atención médica especializada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Facua Galicia emitiu un comunicado no que insta ao Sergas a reforzar de xeito inmediato o servizo de pediatría nos municipios lucenses da Fonsagrada, Baleira e Castroverde. A organización reclama “medidas urxentes” para evitar que as familias destes concellos teñan que realizar desprazamentos de ata 60 quilómetros para que os menores reciban atención médica.

A asociación dirixiuse ao Sergas tras ter coñecemento de que estas localidades quedaron sen o servizo de pediatría durante os meses de febreiro e marzo. Segundo denuncia Facua, a alternativa ofrecida pola administración sanitaria consiste en que os pais acudan ao médico de cabeceira ou se despracen directamente á PAC do Sagrado Corazón en Lugo, o que supón unha importante barreira de acceso á saúde para os veciños da montaña lucense.

Neste sentido, a organización lembra que a Lei de saúde de Galicia establece como principios fundamentais a calidade dos servizos, a atención personalizada e a coordinación eficiente dos recursos. Facua insiste en que a situación actual vulnera estes preceptos e esixe unha solución que garanta unha atención “humanizada” e próxima para a poboación infantil destas zonas rurais.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...