InicioPolíticaA viabilidade legal determinará a rescisión do aparcadoiro de Viana do Castelo

A viabilidade legal determinará a rescisión do aparcadoiro de Viana do Castelo

A oposición forza resolver o contrato coa empresa que explota irregularmente o aparcadoiro, solución pendente do estudo da posible indemnización

PUBLICADA O

- Advertisement -

A oposición na corporación lucense fixo prosperar unha proposta do Partido Popular para a resolución do contrato do aparcadoiro da praza Viana do Castelo. Este espazo público, con medio cento de usuarios e un traballador, está explotado por unha empresa que leva unha década sen pagar o canon, e que adebeda case tres mil euros ás arcas municipais. O grupo na alcaldía votou en contra por entender que suporía unha custosa indemnización, responsabilizando aos populares da situación.

Dende a formación propoñente, Antonio Ameijide acusou ao equipo de goberno de inacción, mentres que gabou o traballo dos funcionarios locais para atallar un caso que, presumiu, destapou o Partido Popular. Este extremo foi criticado polo resto da oposición, pois os conservadores asinaron o contrato a mediados do noventa e ata o momento non denunciaran esta situación.

Así e todo, Ameijide advertiu de que o Concello “antepón os intereses da empresa” por negarse a asumir a solución acreditada en comisión. Incluso foi alén e insinuou que o goberno local é “cómplice” da empresa, que está “lucrándose a costa de instalacións públicas”, pois dende 2008 non paga o canon estipulado. O voceiro popular retou á alcaldesa Lara Méndez a “explicar á xustiza” este asunto, en referencia á acción legal do Partido Popular.

Antonio Ameijide | Óscar Bernárdez
Antonio Ameijide | Óscar Bernárdez

Dende Ciudadanos, Olga Louzao observou que o executivo socialista está “perdido”, aínda que responsabilizou tamén aos populares por “botarse as culpas mutuamente sen aportar solucións” e non realizar “ningún control” nin no goberno nin na oposición. A formación laranxa introduciu unha enmenda, que posibilitou o acordo, para que a resolución contase previamente con informes sobre as consecuencias do rescate da concesión.

O certo é que a solución proposta polo Partido Popular foi cualificada de “forzada” por Cristina Pérez Herraiz. A candidata á alcaldía por Lugonovo pediu “non ser impulsivos nin guiarnos polo titular”, cualificando a iniciativa de “efectista”, alertando da perigosidade “da bola de neve que foi medrando con sucesivos gobernos”.

Pérez Herráiz asegura que o problema vén de lonxe, polo “tradicional modo de obrar, a inoperancia e a incapacidade de asumir os erros”. En termos semellantes se expresou Rubén Arroxo, alcaldable polo Bloque Nacionalista Galego, entendendo que o acordo é precipitado pero “hai que buscar unha solución”.

Rubén Arroxo | Óscar Bernárdez
Rubén Arroxo | Óscar Bernárdez

O problema central reside no limbo legal en que está a concesión, porque a escritura non se elevou publicamente e non hai constancia de cando comezou a concesión, de aí o perigo dunha indemnización millonaria. “Está sen iniciar o cómputo dos corenta e nove anos de concesión”, apuntou Carlos Portomeñe, de ACE-EU, que propuxo empregar o convenio de recadación da Axencia Tributaria, e que permitiría o auxilio deste organismo para recobrar a débeda xerada pola empresa adxudicataria.

En representación do goberno local, a concelleira Ana Prieto puxo o foco na sinatura do contrato, aprobado cando o popular Tomás Notario Vacas era alcalde de Lugo. “Regalaron a concesión por un canon ridículo de 500 euros ao ano”, censurou a responsable de economía, asegurando que “xa se fixeron todas as accións posibles para o cobro da débeda” contemplados polos técnicos e a comisión executiva. Así, acusou o Partido Popular de ir contra “o interese público” por pretender regalar “unha indemnización a unha empresa incumpridora”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...