O Concello de Lugo informou de que procedeu a pechar os parques da cidade ante a alerta amarela por fortes ventos decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Nun comunicado, o goberno local indicou que a partir das 09.00 horas desta mañá a área de Transición Ecolóxica pechou as zonas verdes, incluíndo os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos.
Ante isto, o Concello fixo un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecte estas limitacións e non se achegue aos parques con árbores ata que remita o temporal, evitando así correr riscos innecesarios.
