InicioSucesosDetido un home tras ferir de gravidade a un home cun vaso...

Detido un home tras ferir de gravidade a un home cun vaso roto nun pub de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido pola Policía Nacional acusado de ferir de gravidade o pasado fin de semana a outro home cun vaso roto nun pub da rúa Tui, en Lugo. Segundo trasladou a Policía, os feitos sucederon a madrugada do pasado domingo nun establecemento desa zona da capital lucense.

Até alí desprazáronse varias dotacións de seguridade cidadá para intervir nun incidente no que se viu implicado un home de mediana idade que, tal e como detallou o corpo policial, sufrira un corte no pescozo producido cun vaso roto.

Posteriormente, a vítima foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios ao Hospital Universitario Lucus Augusti con lesións graves. Mentres, a Policía Nacional identificou ao presunto autor da agresión, que foi detido de forma inmediata coa imputación dun delito de lesións graves.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...