InicioPolíticaO nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

A Deputación de Lugo celebrará este martes o pleno no que oficializará a renuncia de Tomé á presidencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no que se fará efectiva a renuncia como presidente da entidade de José Tomé, tras as denuncias de acoso sexual vertidas sobre el no mes de decembro. Tomé renunciou oficialmente ao cargo o 12 de decembro, tras unha tensa Xunta de Goberno na que se negaron a asistir os dous deputados do BNG e que abandonou o socialista Xosé María Arias, alcalde de Castroverde e un dos impulsores da candidatura alternativa a Tomei para a presidencia do partido.

O presidente en funcións xa anunciara o mércores anterior a súa intención de dimitir do cargo de presidente, horas despois de que un programa de televisión fixese públicas as acusacións. Este, que sempre reiterou a súa inocencia e a “indefensión” que lle provocaba a situación, tamén abandonou o posto de secretario provincial e anunciou a súa intención de manter a acta de deputado como non adscrito, “para non facer dano ao seu partido”, co que afirmou que mantén e manterá a sintonía de voto.

O pleno que se presenta este martes contén nove puntos antes de que se abra o apartado de Comunicacións da Presidencia, onde se procedería á súa renuncia oficial, que pasaría a estar en mans do actual vicepresidente, o nacionalista Efrén Castro, ata o 14 de xaneiro, cando está prevista unha nova sesión para elixir ao novo presidente. Na orde do día figura a aprobación das bases e anexos do Plan Deputación 2026 e a aprobación definitiva do Orzamento para o próximo ano, ás que se unen varias daciones de conta e dúas actuacións que implican aos concellos de Navia de Suarna e Antas de Ulla.

MOCIÓNS DO PPdeG

Pero tamén está na orde do día unha moción do Grupo Provincial Popular para reprobar a José Tomé e esixir a súa inmediata renuncia como deputado popular e alcalde de Monforte. Trátase da mesma moción que se presentou o venres no pleno do Concello de Lugo e onde BNG e PP uníronse no voto positivo, conseguindo que saíse adiante a iniciativa popular.

Esa mesma moción repetirase este luns pola tarde en Monforte, onde un colectivo feminista convocou unha manifestación para pedir que Tomé renuncie ao seu cargo de alcalde, que pretende manter como concelleiro non adscrito, do mesmo xeito que o seu actual equipo de goberno. Aínda queda por saber o que farán os deputados nacionalistas e populares, xa que se celebrará presidido por José Tomé, tal e como figura na acta previa, ou se todo transcorrerá con normalidade.

Mentres se perfilan posicións para o pleno, aínda non hai unha confirmación oficial de quen presidirá a Deputación no ano e medio que falta para esgotar a lexislatura. Barállanse tres nomes, Carmela López, alcaldesa de Burela; Fran Cajoto, alcalde de Foz, e Pablo Rivera, colaborador de Tomé e concelleiro en Láncara.

Sen un nome definitivo, a xestora escollida polo PSOE, presidida polo rabadense Angel Luís Lago Lage, segue traballando en silencio sobre o futuro inmediato da institución e tamén co obxectivo principal de deseñar un PSOE que se enfronte reforzado aos próximos comicios.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...