InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que estaba en busca e captura e que, tras fuxir nun primeiro momento, foi localizado dentro dun armario. Os feitos ocorreron preto da medianoite, cando os axentes interviñeron nunha pelexa entre dous homes na rúa Monte Faro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que estaba en busca e captura e que, tras fuxir nun primeiro momento, foi localizado dentro dun armario. Os feitos ocorreron preto da medianoite, cando os axentes interviñeron nunha pelexa entre dous homes na rúa Monte Faro.

Durante a actuación, os axentes comprobaron que un deles tiña en vigor unha orde xudicial de detención e ingreso en prisión. Ao decatarse diso, o individuo fuxiu do lugar, pero foi localizado pouco despois no interior do domicilio do outro implicado, quen autorizou a entrada dos axentes. O home foi atopado escondido no interior dun armario.

Este fin de semana tamén foi levado a dependencias policiais outro lucense acusado de atentado á autoridade. Os feitos ocorreron ás 2.50 horas do pasado sábado, cando o Grupo Operativo Nocturno realizaba unha proba de alcoholemia a un condutor que deu resultado positivo.

Nese momento, un individuo dirixiuse ao condutor asegurándolle que el se encargaría da situación e, a continuación, encarouse cos axentes en metade da calzada. Tras ser conducido cara á beirarrúa, o home virouse bruscamente e arremeteu contra os policías con intención de agredilos. Durante a intervención opuxo “unha resistencia activa grave” e un dos axentes resultou lesionado, cunha dislocación de ombreiro, segundo informa a Policía Local de Lugo.

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...