InicioEconomíaLuz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá...

Luz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego acordou, na súa reunión semanal, a aprobación da contratación por un importe de 37.381.352 euros das obras da conversión en autovía do tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, ao seu paso polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo.

O obxectivo é a conversión en autovía do último tramo do corredor Nadela-Sarria (CG-2.2) para completar o desdobramento. A primeira fase dos traballos de desdobramento do corredor en autovía –un total de 9,7 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria– abriuse ao tráfico en novembro do ano 2022, tras investir 25 millóns de euros.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé licitar as obras nos días próximos, para poder iniciar a súa execución no ano 2026. Contan cun prazo de execución de 30 meses. As obras que se van a contratar permitirán executar un novo tramo de 13,5 quilómetros de lonxitude, que comeza na glorieta de Nadela e finaliza na ligazón da Pobra de San Xiao, xa en servizo.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...