InicioPolíticaSenadores do PP critican que o Goberno "deixe descolgada" a Lugo en...

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

O BNG pide transparencia sobre os inmobres do Sareb en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, mostraron a súa preocupación de que a provincia “quede de novo descolgada” en materia ferroviaria despois de que o Goberno “evite confirmar” se Lugo está incluída no estudo de análise para implantar as proximidades ferroviarias en Galicia.

En concreto, os populares mostraron o seu escepticismo respecto das “intencións” do Goberno que preside Pedro Sánchez xa que, segundo lembraron, “xa deixou a Lugo descolgada da alta velocidade e, mesmo, restou servizos coa nova política de horarios e servizos implantada por Renfe que impide facer xestións no propio día porque o primeiro tren desde Lugo non chega a Madrid en horario de mañá“.

En resposta oficial a preguntas dos populares na Cámara Alta, o Goberno explicou que se identificarán “as relacións ferroviarias con maior potencial de crecemento en Galicia” e que as infraestruturas da provincia “non están modernizadas”. Nste contexto, o PP de Lugo detallou nunha nota de prensa que os senadores solicitaron formalmente información sobre as conclusións do estudo de análise de novos servizos ferroviarios para a mobilidade cotiá en Galicia en relación ao desenvolvemento de servizos de proximidade.

BNG SAREB

Por outra banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu ao Goberno transparencia sobre os inmobles da Sareb transferidos a Sepes en Lugo e reclama a súa incorporación ao parque público de vivenda.En concreto, nunha pregunta parlamentaria, o deputado nacionalista solicita ao Executivo que aclare o destino dos 186 pisos da Sareb en Lugo, así como de 300 obras en curso.Tamén reclama que complete o traspaso dos activos da Sareb a Sepes, garantir o seu uso para aluguer social e transferilos de maneira gratuíta á Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con...