InicioPolíticaO PP pedirá no pleno provincial recoñecer "o valor estratéxico" da caza

O PP pedirá no pleno provincial recoñecer “o valor estratéxico” da caza

No medio da polémica pola caza do raposo, os conservadores cualifican de "retroceso en dereitos e liberdades" a pretensión do ministerio de prohibir esta práctica

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo solicitará no pleno provincial retomar a estratexia estatal de xestión da cinexética que preparaba o Goberno saínte. Responden así á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, quen reiterou a súa opinión contraria á caza e as touradas. Defenden os conservadores que a pretensión de prohibir esta actividade “de grande arraigo social” suporía “un retroceso nas liberdades e dereitos recoñecidos na Carta Magna”.

Como alternativa, proporán na vindeira sesión plenaria que a Deputación inste a recuperar os traballos do executivo de Mariano Rajoy. A elaboración desta estratexia de xestión cinexética resolvería “os problemas que afectan á caza e a pesca, a través do apoio a ditas actividades, que xeran emprego, riqueza, contribúen a loitar contra o despoboamento, e a conservar especies e a biodiversidade”.

Ademais destes “valores estratéxicos”, entre os que se incluiría “un atractivo turístico singular para o mundo rural con demanda internacional”, o Partido Popular reivindica a caza porque “forma parte da nosa historia, cultura, tradicións e realidade social”. Citan asemade a contribución “ao control e prevención de episodios de risco sanitario derivados de enfermidades como mixomatosis, tuberculose ou a temida peste porcina africana”, así como o control das poboacións “ante a ausencia de predadores naturais necesarios para o equilibrio nos ecosistemas”. 

Así, entre os puntos do acordo que levarán a pleno, pedirán coordinar e ordear o sector contando coas agrupacións de caza e as administracións autonómicas, provinciais e locais; un plan de investigación científica e de innovación aplicado para a sustentabilidade económica, social e medioambiental da actividade; e compensar os propietarios forestais pola contribución á mitigación do cambio climático  nos montes onde se albergan as especies cinexéticas, as especies protexidas e a gandería, iniciando proxectos a prol da biodiversidade

A posición dos animalistas

Adega

Dende Adega, a Asociación para a Defensa Ecolóxica, entenden que “matar animais de xeito indiscriminado carece de ética e moralidade”. Sobre o caso concreto do raposo, perseguido nestas datas en diversas pseudocompeticións no territorio galego, advirten de que “existe unha extensa bibliografía de estudos científicos a nivel mundial, que demostran que estas accións non logran reducir as poboacións a longo prazo”.

Pola contra, a eliminación de raposos tampouco consegue recuperar as poboacións de coello ou perdiz. “Dito declive vén dado por outros factores, coma son a afección de enfermidades (onde o raposo xoga un papel fundamental e necesario), a sobrecaza, as repoboacións con animais de granxa, e os cambios no hábitat (plantacións masivas de eucaliptos, o abandono do medio rural)”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...