InicioCulturaO alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear...

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O proxecto, situado no antigo cuartel de San Fernando, foi paralizado en 2013 e abandonado en 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co obxectivo de “analizar e desbloquear” a situación do proxecto do Museo da Romanización no antigo cuartel de San Fernando.

Nun comunicado, o rexedor denunciou que, malia que os orzamentos da Xunta para 2025 incluían 500.000 euros para o museo, a metade dese crédito “foi desviado” pola Consellería de Cultura para outros fins, citando como exemplo o financiamento do programa ‘Bono Emancípate’ (destinado á compra de mobles).

O alcalde lembrou o “compromiso inicial” de 10 millóns de euros adquirido en 2010 e criticou o abandono do proxecto en 2019. Fernández sinalou que, a pesar de que Rueda expresou a súa vontade de retomar a colaboración en 2022, tres anos despois “non hai ningún avance nin garantía de cumprimento. O compromiso é nulo e todo son escusas“.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...