InicioSociedadeTSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a sentenza da Audiencia de Lugo e descarta que as drogas fosen para consumo propio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena da Audiencia Provincial de Lugo a dous homes por portar diferentes sustancias estupefacientes na capital lucense, cun valor superior a 18.000 euros.

Os feitos sucederon o 8 de maio de 2024, sobre as 18.40 horas, cando ambos circulaban nun vehículo polo polígono de Ou Ceao e foron interceptados polas forzas de seguridade. No rexistro, os axentes atoparon un total de 79,83 gramos de cocaína, valorada en 18.382 euros, ademais de dous envoltorios de resina de cánnabis que sumaban 3,972 gramos. Foron condenados como autores dun delito contra a saúde pública na modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde, coa atenuante de drogadicción, ás penas de tres anos de prisión e unha multa de 30.000 euros.

No recurso presentado, a defensa alegaba que a droga non estaba destinada á distribución senón ao consumo propio. Con todo, os maxistrados do TSXG descartaron esta tese, considerando que as cantidades e o valor dos estupefacientes non se axustan ao autoconsumo. Ademais, rexeitaron o argumento de que na cidade de Lugo non existe mercado para mercar estas sustancias e que as levaran en provisión, cualificando o alegato como carente de “a máis mínima e seria consistencia”. A sentenza confirma, así, a gravidade dos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...