InicioSucesosFerido un condutor tras envorcar o seu vehículo na LU-530 en Lugo

Ferido un condutor tras envorcar o seu vehículo na LU-530 en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido tras envorcar o coche no que circulaba pola estrada LU-530, na cidade de Lugo, e tivo que ser excarcerado ao quedar atrapado, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O accidente ocorreu sobre as 7.00 horas deste mércores, no punto quilómetro 6 desa estrada. O 112 recibiu unha chamada alertando de que había un coche envorcado na vía, cuxo condutor estaba atrapado e ferido, aínda que consciente.

A central de Emerxencias avisou aos bombeiros, e a Urxencias Sanitarias-061. Os bombeiros tiveron que empregar medios de excarceración para liberar ao condutor que, tras ser atendido no punto, foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...