InicioPolíticaMiguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María...

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

A nova concelleira incorpórase en substitución do falecido Pablo Permuy

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do goberno local, motivado pola incorporación da concelleira María Reigosa Castro ao grupo municipal socialista en substitución do falecido Pablo Permuy. Nun comunicado, o Concello de Lugo destacou que a reestruturación responde a “unha liña continuista“, mantendo o esquema de funcionamento que o executivo aplica “con éxito” desde o pasado mes de marzo, cando Fernández asumiu o cargo.

O obxectivo, conforme indicou, é reforzar a coordinación e a eficacia nas distintas áreas, adaptando as responsabilidades ao perfil técnico e á experiencia de cada concelleiro. Deste xeito, na nova estrutura, a área de Cohesión Territorial pasa a depender directamente da Alcaldía, aínda que o rexedor delegará a súa xestión na edil María Reigosa, quen se encargará de responsabilidades como a conservación e mellora das vías públicas e infraestruturas no rural, así como da dinamización sociocultural e a atención ás necesidades da zona rural, facendo especial fincapé nas 54 parroquias.

O Concello de Lugo explicou que o novo decreto tamén implica a división da anterior Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Urbanismo, Deportes e Xuventude, dirixida ata o seu falecemen alcalde de Lugo reorganiza ato por Pablo Permuy, que se configura agora en dúas áreas diferenciadas: Área de Xestión Integral de Recursos Internos, dirixida por Ana González Abelleira, que asume contratación, persoal, facenda e xestión económica; e a Área de Urbanismo, Deportes e Xuventude, coordinada por Jorge Bustos, que continuará á fronte das políticas urbanísticas, deportivas e xuvenís do Concello.

O alcalde destacou que esta reorganización “pretende optimizar o funcionamento interno do Concello e consolidar un equipo de goberno sólido, estable e comprometido coa cidade“. Miguel Fernández destacou, así mesmo, que o seu equipo de goberno “está a demostrar unha xestión eficaz e responsable”, que permite “avanzar con paso firme na terceira gran transformación que vive Lugo”, un proceso de “modernización urbana, económica e social” que sitúa á cidade como “referente en Galicia en planificación, sustentabilidade e calidade de vida”.

O alcalde confirmou tamén a continuidade de Mauricio Repetto á fronte da área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, un departamento chave no impulso da actividade local. Ademais, Ana González Abelleira seguirá sendo a portavoz do goberno local. A área de Cohesión Social, pola súa banda, seguirá dirixida por Olga López Racamonde, que contará con dúas concellarías delegadas: a de Igualdade e Inclusión, baixo a responsabilidade de Ángeles Novo, centrada na promoción das políticas de muller, igualdade e diversidade, e a de Movementos Migratorios, a cargo de Wadir Sinisterra, orientada á integración e acompañamento da poboación migrante e á promoción da convivencia intercultural. O resto de áreas manteñen a súa estrutura sen modificacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...