InicioMedioambiente e PatrimonioA listaxe de tecores onde se permite a solta do faisán engade...

A listaxe de tecores onde se permite a solta do faisán engade un na provincia de Lugo: A Ulloa

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificou a listaxe de tecores onde está permitida a solta do faisán. Desta forma, engadiu o tecor A Ulloa, na provincia de Lugo, co que o total de lugares aumenta ata os 184.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificou a listaxe de tecores onde está permitida a solta do faisán. Desta forma, engadiu o tecor A Ulloa, na provincia de Lugo, co que o total de lugares aumenta ata os 184. Esta resolución entra en vigor este venres, un día despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Con iso, modifica outra de 2017, que incluía unha primeira relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais nas que se permite a solta desta especie. Desde a publicación da anterior resolución, a Xunta recompilou información que permite constatar a existencia de soltas de faisán con anterioridade á entrada en vigor da respectiva lei, do 2007. Por este motivo, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural engadiu este novo tecor á listaxe.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...