InicioPolíticaLugo volve quedar outro ano sen praia con acusacións mútuas entre concello...

Lugo volve quedar outro ano sen praia con acusacións mútuas entre concello e Xunta

O Consistorio acusa á Xunta de boicotear o proxecto con requirimentos constantes, mentres esta acúsalle de ineficacia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou que non poderá habilitar este verán a zona de baño no río Miño, a pesar de ter lista toda a infraestrutura e contratar aos socorristas. Segundo explicou o alcalde, Miguel Fernández, o proxecto queda paralizado debido “a unha serie de requisitos administrativos de última hora impostos pola Xunta de Galicia“, o que impide abrir o acceso ata, como mínimo, o mes de setembro.

É unha nova volta de porca ante unha situación que mantén aos lucenses esperando por unha infraestrutura da que dispoñen a práctica totalidade dos concellos situados a beiras dun río. O proxecto de construír unha praia fluvial é unha promesa da maior parte dos gobernos que se sucedeu nos últimos anos, pero non foi ata Lara Méndez que se deu un paso á fronte cun proxecto en firme, a adecuación da zona, a compra de material e demais accións antes de que todo queda no tinteiro por un desacordo burocrático coa Xunta de Galicia.

A desaparecida alcaldesa Paula Alvarellos tamén todo o seu intento para pór en marcha a tan esperada praia fluvial cambiando a localización e colocando unhas ramplas de acceso ao río, unha adaptación do proxecto orixinal. Finalmente, conseguiron pór un acceso ao río na zona da Tolda no mes de setembro, cando o tempo xa non acompañaba e practicamente o concelleiro de Deportes naquel momento, Jorge Bustos, foi o único en estreala. A exalcaldesa explicou xa naquel momento que foi a Xunta a que “torpedeou” o proxecto con “unha serie de requirimentos constantes”.

Neste mes de xullo a situación non cambiou moito máis. Neste caso, o alcalde actual, Miguel Fernández, anunciou a posta en marcha da instalación e fíxoo como proxecto estrela que se desbloqueaba tras a reunión mantida co presidente da Xunta, Alfonso Rueda o mesmo día 1 de xullo. A zona escollida eran Os Carballos, preto da Fábrica da Luz, un lugar de consenso.

Tras semanas de espera prodúcese un novo revés neste proxecto. Foi o propio alcalde o que anunciou a suspensión do mesmo destacando que “estamos ante unha situación inadmisible” e lamentou ter que trasladar esta noticia á cidadanía despois de que o Concello solicitase ” todos os permisos en tempo e forma, presentado os informes requiridos, preparado a instalación e mesmo contratado ao persoal necesario”. Aínda así, a Xunta solicitou novos informes e esixencias técnicas que, na práctica, bloquean a apertura do espazo de baño este verán.

“OBSTRUCIÓN”

Fernández asegurou que non se trata dun problema técnico puntual, senón dunha “estratexia deliberada de obstrución”, pero Lugo volve quedar fóra das cidades galegas que ofrecen unha zona de baño segura e cómoda na súa contorna fluvial. “É unha situación profundamente inxusta que discrimina a Lugo”, afirmou o alcalde, quen non deixou de sinalar que “non queremos enganar a ninguén”. O Concello lamenta que, a pesar de cumprir cos trámites sinalados pola administración autonómica, “vólvase a bloquear unha iniciativa pensada para o beneficio dos veciños e o aproveitamento responsable do patrimonio natural da cidade.

Pola súa banda, a Xunta, a través do delegado provincial, Javier Arias, envorcou a culpabilidade da situación sobre o equipo de Goberno municipal, ao que achaca “deixamento e xestión ineficaz”. Para iso, afirma que con esta decisión o alcalde “tenta esconder a súa falta de traballo e previsión botando balóns fóra e culpando á Administración autonómica da súa propia inutilidade” e asegura que todo estaba sen facer “ata unhas semanas antes”.

A XUNTA DI QUE ACTUOU CON “DILIXENCIA”

Arias explica que a Xunta actuou “en todo momento coa máxima dilixencia”, dando resposta “practicamente dun día para outro” ás solicitudes das diferentes autorizacións que se foron requirindo para a instalación. Afirma que xa coñecían o procedemento do ano pasado e que este é o mesmo e “está regulado”.

Para o delegado, “todo parece un plan premeditado para dilatar no tempo a instalación da rampla”. Detalla ademais que a primeira notificación para a instalación desta estrutura recibiuse da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o 21 de maio, e xa o 28 déuselle resposta favorable desde a Administración autonómica, atendendo a determinadas condicións. O organismo de conca, aínda así, non ditou resolución ata un mes despois, o 30 de xuño.

Pero mentres as discusións de despacho continúan, os requirimentos seguen sendo o escollo principal e o tempo xoga en contra un ano máis para poder abrir a praia fluvial antes de que chegue setembro.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...