InicioLugo e contornaO Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O PSOE reclama á Xunta explicacións sobre o caso Villares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, que aproveitou a sesión para anunciar a posta en marcha inmediata dunha serie de medidas destinadas a facer fronte ás altas temperaturas e para reclamar á Xunta investimentos urxentes nas infraestruturas educativas da cidade.

Neste primeiro punto, Arroxo sinalou que, como parte das actuacións previstas, o Cemiterio Municipal deixará de realizar enterramentos entre as 13.00 e as 17.00 horas, co fin de evitar a exposición do persoal e das persoas usuarias ás horas de maior calor. Tamén se modificará o horario de traballo da Brigada Municipal de Vías e Obras, “adaptando as intervencións para garantir a seguridade dos operarios”.

O obxectivo destas medidas é “garantir o benestar do persoal público nos meses de máis calor“, sinalou o dirixente nacionalista. Ademais, anunciou a instalación de vinilos anticalor nas escolas infantís municipais, “unha medida que segue as recomendacións legais e busca evitar a acumulación de calor no interior das aulas, mellorando así as condicións das nenas e nenos”.

No pleno, Arroxo tamén fixo unha chamada á responsabilidade da Xunta para que invista nos centros educativos de Lugo, criticando así a “falta de actuacións” en materia de illamento térmico.

Tamén foron a Pleno dúas mocións socialistas, na primeira reclamaban máis persoal médico en calidade de residentes e de geriatras na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, e na segunda, acordouse requirir á Xunta explicacións sobre a denuncia contra o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, por suposta agresión sexual. Solicitarán, por tanto, saber as razóns que levaron a mantelo no seu posto desde febreiro ata xuño a pesar desta denuncia.

Pola contra, non tiveron luz verde o catro propostas do Partido Popular nas que se recollían demandas e compromisos concretos cos barrios de O Castiñeiro, Galegos ou As Saamasas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...