InicioLugo e contornaLugoPiden cinco anos para o home que atropelou un motorista en Lugo...

Piden cinco anos para o home que atropelou un motorista en Lugo que morreu polo impacto

Na súa declaración, o acusado afirmou, ademais de que non velo, circular á velocidade permitida, 30 quilómetros por hora, pero que levaba o coche revolucionado porque non lle andaba ben e por iso facía tanto ruído

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo quedou pequeno este mércores para acoller o xuízo contra J.M.L.M., que conducía o coche que arroiou a moto de Roberto Rubio López cando este estaba parado nun semáforo, causándolle a morte instantánea.

Para o home, que triplicaba a taxa de alcol no momento do accidente, Fiscalía solicita tres anos de prisión por un delito de imprudencia grave, mentres que as acusacións particulares soben ata o cinco anos a petición de cárcere aducindo que houbo “condución temeraria” e “desprezo pola vida dos demais”.

Os feitos xulgados tiveron lugar unha noite de setembro de 2022, na confluencia da Rolda da Muralla coa rúa Santiago, en Lugo. O falecido estaba parado coa súa motocicleta nun semáforo e foi arroiado polo coche do acusado, desprazando a moto uns 22 metros ata que este parou a marcha. No impacto, a vítima perdeu o casco e faleceu no acto.

O procesado, que recoñeceu consumir alcol e declarouse “máis ou menos inocente”, arroxou durante as probas de alcoholemia practicadas no lugar dos feitos unha taxa de de 0,78 miligramos de alcol, o triplo do permitido.

Durante o xuízo, no que só contestou as preguntas do fiscal e do seu avogado, asegurou que non viu a moto “porque non debía de ter as luces acesas” e que ao impactar explotoulle o airbag do coche e perdeu o control do mesmo, razón pola que tardou tanto en frear. Pola súa banda as acusacións coinciden no feito de que o seu grao de embriaguez foi determinante no sucedido.

Declararon tamén dúas testemuñas, un veciño que ouviu o accidente, e unha muller que pasaba por alí. O primeiro asegurou sentir arrincar a moto e o son do coche que se achegaba “a moita velocidade” e logo ouviu os dous impactos. Ambas as testemuñas defenderon a boa visibilidade que había na zona, o mesmo que fixeron os axentes que declararon a continuación, o primeiro, o instrutor do ateigado e os outros dous, os axentes que acudiron ao lugar do accidente.

O tres explicaron o claro estado de embriaguez do acusado, aínda que tamén aseguraron que se mostrou en todo momento “preocupado e colaborador, someténdose ás probas de forma voluntaria”.

Na súa declaración, o acusado afirmou, ademais de que non velo, circular á velocidade permitida, 30 quilómetros por hora, pero que levaba o coche revolucionado porque non lle andaba ben e por iso facía tanto ruído. Tamén especificou que “se soubese que non estaba para conducir, non o fixo”.

A defensa, pola súa banda, pediu tamén a atenuante de dilacións indebidas e o de confesión tardía e reclama simplemente unha sanción económica e a privación do carné por un ano. Centrou a defensa no feito de que a vítima podería facer un mal uso do casco, non levalo ben atado, e por iso atopar a morte no impacto. Lembrou que o falecido tamén deu positivo en alcol, aínda que menos cantidade, pero dentro da catalogación de delito.

A FAMILIA

O xuízo foi seguido pola familia directa da vítima, a súa nai, irmá e parella, que presentaron a súa propia acusación, e pola súa única filla, co seu propio avogado e petición. Os catro xa recibiron a correspondente indemnización dos seguros. Á entrada do edificio xudicial concentráronse os familiares e amigos, a maior parte moteiros, minutos antes do inicio da sesión, cunha pancarta na que pedían “xustiza”.

O acusado utilizou a súa última quenda de palabra para pedir perdón á familia, que estaba desconsolada, asegurando que non o viu e que “foi unha desgraza”. Ademais, lembrou que el coñecía ao falecido, que eran amigos e culpou ao mal estado do coche.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...