InicioSucesosDeteñen a unha muller acusada de arremeter contra axentes tras negarse a...

Deteñen a unha muller acusada de arremeter contra axentes tras negarse a someterse a unha proba de alcolehemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A muller detida en Lugo por negarse a someterse a unha proba de alcolemia arremeteu contra os axentes que a pararon. Na madrugada do 29 de maio, na rúa Monteros Ríos, axentes da unidade de Policía Local observaron a unha muller que circulaba en patinete eléctrico en sentido prohibido. Ao darlle o alto, comprobaron que presentaba “signos evidentes” de atoparse baixo os efectos do alcol, segundo trasladou o corpo policial nunha nota de prensa.

A continuación, a muller tentou abandonar o lugar no patinete, no que foi retida polos axentes. Nese momento arremeteu contra eles e propinou varios golpes a unha das axentes, que necesitou asistencia médica.

Finalmente foi detida por un presunto delito de atentado contra axentes da autoridade, desobediencia e resistencia. Formuláronse, ademais, denuncias administrativas pola negativa á identificación e por negarse a someterse ás probas regulamentariamente establecidas para a detección de alcol.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...