InicioLugo e contornaLugoDetidas catro persoas por crear contas falsas para realizar estafas

Detidas catro persoas por crear contas falsas para realizar estafas

Estas estafas estaban vinculadas con fraudes en alugueres turísticos vacacionais e en compravenda de vehículos de segunda man entre particulares, con vítimas por toda España

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron nos últimos días na provincia de Lugo e en Navarra a seis persoas vinculadas coa ‘ciberdelincuencia’, como presuntos autores de estafas en varias modalidades e por crear contas bancarias falsas.

Así, foron detidos catro membros dunha mesma familia, membros dun grupo criminal segundo a Policía, que se dedicaba a xerar contas bancarias falsas onde recibían fondos provenientes de estafas.

Estas estafas estaban vinculadas con fraudes en alugueres turísticos vacacionais e en compravenda de vehículos de segunda man entre particulares, con vítimas por toda España. Unha das persoas detidas era a captadora e xeradora das contas, e recibía as instrucións a través dunha canle de comunicación móbil.

Tras crear as contas bancarias ‘en liña’ recibía unha contraprestación económica que repartía co resto de membros do grupo.

MÁIS DETENCIÓNS

Por outra banda, a Policía Nacional detivo na localidade lucense de Barreiros a un individuo por estafar de forma continuada a varias persoas na venda ‘en liña’ de vaixelas dunha coñecida marca. Tras cobrar o diñeiro dos interesados, nunca se enviaba o produto.

Finalmente, a Policía informou da detención, en Navarra, dun individuo investigado por ‘smishing’, unha forma de fraude na que os delincuentes utilizan mensaxes SMS para enganar a persoas e obter información persoal ou financeira.

Deste xeito, o sospeitoso contactou cunha cidadá lucense a través dunha mensaxe que, en aparencia, era da súa entidade bancaria. A mensaxe especificaba que se rexistrou un dispositivo descoñecido na súa banca ‘en liña’, indicándolle que se era o titular verificáseo a través dunha ligazón ofertada na propia mensaxe.

Ao ‘clicar’ na ligazón, a muller foi redirixida a unha web que aparentaba ser a do seu banco, e na que se lle pedían os datos do seu cartón bancario. Posteriormente recibiu unha chamada dun suposto empregado da entidade, que a informou de que un usuario descoñecido estaba a operar unha compra de criptomonedas. A fraude custou ao denunciante caso 8.000 euros.

Tras a investigación da Comisaría de Lugo, e coa colaboración da Policía de Pamplona, procedeuse á detención do suposto autor dos feitos nesta cidade navarra.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...