InicioSucesosO TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por...

O TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por agresión sexual á neta dos seus veciños en Lugo

A familia recorreu a sentenza da Audiencia porque esta recoñecía como atenuante que se pagase con antelación parte da indemnización

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aumentou nun ano a pena de dous anos de cárcere imposto pola Audiencia Provincial de Lugo a un home por agredir sexualmente á filla menor de idade dos seus veciños, avós da vítima.

Segundo o relato dos feitos probados no xuízo, a menor, de once anos de idade naquel momento, acudiu en 2023 a pasar as vacacións escolares cos seus avós, veciños do acusado, co que mantiñan unha boa relación. Unha mañá, aproveitando que a avoa saíra a pasear, o home, de 62 anos, acudiu á vivenda coa escusa de levar un tubo e pediulle á menor que lle axudase a metelo nun garaxe. Foi dentro da estancia onde a bicou na boca, e, dicíndolle que lle ía a facer unha masaxe, tocouna na zona vaginal por encima da roupa.

A pequena rexeitou ao home e, despois de zafarse, marchouse a casa desde onde chamou á súa nai para relatarlle o sucedido. O home indemnizou á nena con 4.500 euros antes do xuízo oral, polo que no fallo inicial recoñecíase esta acción de “reparación do dano” como unha atenuante, o que rebaixou a pena ata os dous anos. Ante isto, a familia da menor presentou un recurso de apelación, que os maxistrados estimaron revogando así a sentenza inicial.

Para iso pon en valor a “distancia” entre os 4.500 euros ingresados polo acusado en concepto de indemnización e os 8.000 establecidos na resolución, á vez que subliñan que o procesado realizou o ingreso tras o requirimento do xulgado.

“ACTO DEBIDO DE GARANTÍA”

Por tanto, consideran que “é un acto debido de garantía e non persoal, senón cominado pola xurisdición penal”. O alto tribunal galego insiste tamén en que o acusado se aproveitou “da relación de familiaridade que tiña” coa menor e do seu coñecemento de que estaría soa na vivenda no momento dos feitos, polo que fallou en favor de elevar a pena.

A defensa tamén presentara un recurso de apelación contra a sentenza, que foi desestimado, xa que o TSXG considera que o narrado pola vítima “é crible en si mesmo”, achegando “matices e detalles”, á vez que destaca que conta “coa relevante corroboración de varios testemuños” e que a pericial do Instituto de Medicina Legal de Galicia conclúe que a nena presenta “sufrimento emocional importante vinculado aos feitos”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...