InicioSociedadeIngresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou...

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Ten varias causas abertas no sistema Viogén e estaba en busca e captura por un xulgado de Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena solicitou a última hora da tarde o martes o seu ingreso na prisión de Teixeiro, xa que se atopaba en busca e captura desde o mes de marzo. Trátase do coñecido caso dun home de 40 anos que tamén foi acusado de cambiarse de xénero e variar a súa identidade para eludir a lei de violencia de xénero.

Foi un xulgado de Madrid o que ordenou a procura para o ingreso en prisión por acumular varios quebrantamentos das medidas cautelares con varias mulleres, ante as que non respectou as ordes de afastamento, debido a que son varios os casos que ten abertos no sistema Viogén, polo menos 3. O home, xa declarado muller, ten numerosas denuncias das súas vítimas, e acudiu libremente ao centro penal coruñés para ingresar.

Debido á súa condición de “muller”, xerouse un problema para a súa localización nun primeiro momento, segundo informaron a Europa Press fontes penais, pero ao final o centro decidiu ingresalo na zona de presos non conflitivos. Foi precisamente o cambio de sexo o que xerou moitas protestas por parte das súas denunciantes, que o ven como unha forma de evadir condenas máis avultadas e que deixen de computar os delitos pendentes de malos tratos ao pasar a ser o acusado unha muller a efectos legais.

ÚLTIMAS

O PP pide no Senado crear un xulgado específico de violencia machista en Lugo

A Comisión de Xustiza do Senado abordará o vindeiro martes unha iniciativa do PP...

A edil de Benestar Social de Lugo: “Non ameacei con abrir expedientes”

A concelleira de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo, Olga López Racamonde,...

O recinto feiral de San Froilán contará con caseta de lactación, punto violeta e haberá unha hora sen ruídos pola tarde

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, informou da aprobación en Xunta de Goberno do Plan de...

A deputación pide por unanimidade que Lugo sexa a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

A Deputación de Lugo apoiará a candidatura do Concello de Lugo para acoller a sede da futura Axencia Estatal...